Patrimonio Arqueolóxico Qué ver Visita As Neves
Castro de Altamira, EP-4202, Tortoreos, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Castro situado nun lugar privilexiado e visible dende calquera punto do Val do Tea. Incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034001 e recoñecido tamén como Ben de Interese Cultural (BIC). Componse dunha acrópolis rodeada por diversas terrazas, distinguíndose ata 3 diferentes. A croa ten unhas dimensións de 40×40 metros nos exes norte-sur e este-oeste, estando rodeada toda ela por unha muralla duns dez metros de altura. Por debaixo de esta acrópole sitúase a primeira terraza cunha anchura duns 20 metros e que se separa do aterrazado superior por unha muralla de tres metros. Esta terraza marca o perímetro total do castro, sendo a muralla a que delimita o exterior do castro. Pola parte norte compleméntase a muralla con un sistema defensivo de foso e parapeto; o foso ten uns 15 metros de ancho e unha altura duns cinco metros cara a muralla do castro. Na parte sur do castro e dentro deste encóntrase unha capela. A forma do castro aproxímase bastante á circular.

Ademáis de situarse nun alto con importancia estratéxica, levaronse a cabo importantes descubrimentos de materiais, entre os que destacan algunhas figuras de bronce romanas.

A primeira escavación en Taboexa documentada data do ano 1929, realizada por Cayetano de Mergelina y Luna. Os materiais atopados foron depositados no antigo Museo da Sociedade Arqueolóxica, xerme do actual Museo de Pontevedra.

A segunda escavación, no ano 1973, dirixida por García Alén, non deixou ningún material depositado no Museo de Pontevedra.

Novamente na terceira escavación realizada por Paloma Acuña e García Alén deixou unha serie de materiais no museo.

Atopamos tamén un Petroglifo, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia co código GA36034090. No cumio do castro atópase unha pedra cun petróglifo de 2,80 metros de longo e 1,70 metros de ancho na que se observan coviñas e un círculo. Existe constancia doutros petróglifos, aos que no seu momento non se puido acceder pola vexetación existente.