Qué facer Rutas de senderismo Visita As Neves
área recreativa de santa mariña Map

Ruta lineal no que se percorre ó longo de 3,5 km a beira galega do Miño, entre as augas do río e a vía do ferrocarril, que discorren paralelos aproveitando a mesma fractura tectónica. Este pequeno percorrido resulta intenso pola diversidade de formacións vexetais e a singularidade dalgúns dos elementos etnográficos, como é o caso das pesqueiras e dos pescos. O Sendeiro está equipado con escaleiras para salvar as escarpas máis complicadas e bancos para descansar, ademais de miradoiros para gozar das panorámicas. Conta tamén con dúas áreas de descanso e con fontes ó longo do percorrido. Comeza o sendeiro no contorno na Área Recreativa de Santa Mariña, nas parroquias de Tortoreos e Liñares. Percorrendo o sendeiro tamén podemos coñecer as ruínas da Casa da Barca, antigo posto fronteirizo que servía para controlar o estraperlo con Portugal. Remata o sendeiro na Estación de tren de As Neves.

Vistas dende o “Camiño dos Pescadores”. 

Vistas do rio Miño.