Blog

01 Ago
0

RUTA DA LAMPREA

Ruta proposta sobre tres río galegos como son o Tambre, Ulla e Miño. Neste caso, no itinerario relacionado co río Miño, centrarémonos na exposición do traxecto ao seu paso polo concello das Neves.

Con inicio na Casa da Auga en Vide e fin na Área Recreativa de Santa Mariña, Liñares. Este percorrido nun principio está pensado para ser desenrolado en coche, pese a que ten unha extensión de 8 kilómetros, polo que podería ser realizado a pé. Ruta que vai pararela ao cauce do río Miño, ofrecendo a oportunidade de visitar as típicas pesqueiras empregadas para a captura da lamprea. Son dúas as incluídas nesta ruta, denominadas Peneliña e Varandoiro.

Unha vez chegados á Área de Santa Mariña, atoparemos alí un lugar perfecto para desfrutar de natureza e tranquilidade. É neste punto tamén onde se sitúa o comezo do Camiño dos Pescadores, polo que pode ser unha boa oportunidade para realizar esta pequena ruta de sendeirismo.

Ler Máis
01 Ago
0

CAMIÑO DAS FONTES

Ruta que se celebra especialmente a finais de xullo, comezando no Pazo de Tortoreos e seguindo por diversas fontes ata chegar á Área Recreativa de Santa Mariña. Os veciños decoran nesta ocasión as fontes, adornándoas especialmente para os camiñantes, que se van parando en cada unha delas. O percorrido que é ademais amenizado normalmente por un grupo musical, remata cun xantar a prezos populares.

 

Ler Máis
01 Ago
0

CAMIÑO DOS PESCADORES

Ruta lineal no que se percorre ó longo de 3,5 km a beira galega do Miño, entre as augas do río e a vía do ferrocarril, que discorren paralelos aproveitando a mesma fractura tectónica. Este pequeno percorrido resulta intenso pola diversidade de formacións vexetais e a singularidade dalgúns dos elementos etnográficos, como é o caso das pesqueiras e dos pescos. O Sendeiro está equipado con escaleiras para salvar as escarpas máis complicadas e bancos para descansar, ademais de miradoiros para gozar das panorámicas. Conta tamén con dúas áreas de descanso e con fontes ó longo do percorrido. Comeza o sendeiro no contorno na Área Recreativa de Santa Mariña, nas parroquias de Tortoreos e Liñares. Percorrendo o sendeiro tamén podemos coñecer as ruínas da Casa da Barca, antigo posto fronteirizo que servía para controlar o estraperlo con Portugal. Remata o sendeiro na Estación de tren de As Neves.

Vistas dende o “Camiño dos Pescadores”. 

Vistas do rio Miño.

Ler Máis
01 Ago
0

CAMIÑO DOS FRADES

Ruta lineal de aproximadamente 15 kilómetros, cun desnivel de 700 metros. Dise que este camiño era xa empregado pola raíña Isabel de Portugal, que cruzaba o río Miño dende as cidades portuguesas chegando ata o noso concello. Dende aquí, a raíña continuaba ata o mosteiro da Franqueira, na súa peregrinación a Santiago de Compostela. O conxunto etnógrafico que podemos atopar ao longo de todo o camiño é dunha enorme riqueza. Ás beiras do río Termes, testemuña de gran parte deste percorrido, pódense atopar bidueiros, carballos, amieiros e outras moitas especies arbóreas.

Hoxe en día revivese este camiño, onde podemos ver maravillas feitas pola man do home que adornan o sendeiro, dende Vide (As Neves) ata a Franqueira (A Cañiza), coma pontes romanas, medievais, muíños, petos de ánimas, cruceiros, igrexas, casas señoriais e incluso unha sobreira catalogada como a máis antiga de Galicia, todo esto dentro dun marco paixasístico de beleza incomparable.

O camiño comeza na capela de San Manuel, na parroquia de Vide e continúa pola Chan de Vide, posteriormente pasa por Mirenciños, onde nos atoparemos coa Ponte das Puntaleiras. Continuando o traxecto cara San Cibrán de Ribarteme, atoparemos outra ponte romana, a Ponte da Senra, situada nun conxunto de gran valor etnográfico composto por muíños e árbores.

Unha das indicacións para seguir a ruta

Abandoando lixeiramente a ruta, podemos atopar nesta mesma parroquia a coñecida como Casa da Inquisición ou de Barro, que conta cun escudo nobiliario.

Desviándonos do camiño cara San Xosé de Ribarteme atoparémonos coa Capela das Pedriñas, o Coto de Lobos ou o Pousadouro. Debemos lembrar a riqueza tamén dos espazos naturais ao longo deste percorrido, na súa maioría incluídos na Rede Natura 2000.

Ler Máis
01 Ago
0

ADEGA SEÑORÍO DE RUBIÓS

Adega moderna pero preocupada por manter as tradicións e o saber facer de anos de cultura vitivinícola, na parroquia de Rubiós. Elabora viños brancos e tintos, todos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Naceu dunha idea antiga que rondaba a varios veciños da zona que tiñan en mente crear unha adega para vender e promocional os xa coñecidos viños de Rubiós, que o único que precisaban era unha plataforma de saída ao mercado.

A finais do ano 2003, os primeiros socios, un total de 57 persoas, sentaron as bases desta idea e fundaron a Adega Coto Redondo, que na actualidade conta xa con 105 socios, que traballan para colocar aos seus viños no lugar que sempre lle correspondeu, por historia, por tradición e pola calidade dos seus caldos. Tras moito esforzo e traballo nos inicio do 2006, saíron á luz os primeiros viños desta adega.

Na actualidade, comercializa non só viños brancos e tintos, se non tamén licores, augardente e viños espumosos tanto brancos como tintos.

A adega está dividida en varias zonas, destacando o gran espazo adicado ao almacenamento de viño en depósitos de aceiro inoxidable e outra zona na que os viños seleccionados permanecen por un período de tempo determinado en barricas de roble francés.

Ademais de degustar os seus premiados e prezados viños tamén se poden realizar visitas á adega, que actualmente está incluída dentro da Ruta do Viño Rías Baixas.

Un dos premios máis importantes que recibiu no 2015 foi o de mellor viño xove español co seu albariño. Comercializan baixo etiquetas como: Señorío de Rubiós, Nande, Manuel d’Amaro, etc. Non abre días festivos, salvo visita prefixada.

Ler Máis
01 Ago
0

BODEGAS VIÑA NORA S.L.

Ubicada nunha terraza natural sobre o río Miño, no barrio de Bruñeiras (As Neves), dentro da comarca vitícola do Condado do Tea e fronteiriza con Portugal.

A propiedade de Viña Nora está formada por 14 hectáreas de viñedos. A adega tutela ademais a produción dun centenar de pequenos colleiteiros, repartidos entre o Condado do Tea e outras comarcas como Val do Salnés e Ribeira do Ulla.

Tódolos anos, un dos seus principais retos é elaborar Nora da Neve, un viño seleccionado en cuxa composición interveñen os mellores acios de Albariño e que fermenta integramente en barricas de roble francés, rendindo homenaxe á tradición dos antigos brancos desta terra, que permanecían conservados en vellos envases de roble ata a comercialización no seu segundo ano de vida.

Adega elaboradora de viño branco baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ademais de degustar os seus exquisitos e premiados viños, é posible realizar visitas ás súas instalacións xa que está dentro da Ruta do Viño Rías Baixas. As marcas coas que comercializa os seus viños son: Val de Nora, Nora e Nora da Neve.

Ler Máis
01 Ago
0

ESCULTURAS DE REDONDELO

No lugar de Redondelo, existen unha serie de obras de estilo moderno nunha ladeira rochosa do monte Coto do Facho de 184 metros. Son varias as esculturas realizadas en distintos materiais. A máis representativa é “O Xigante” na que representa a un xigante que se sentou a contemplar as belas panorámicas que dende alí se divisan do val do Miño. Foi inmortalizada en cemento por obra de Mario Iglesias González. Outra das esculturas é “Punto de partida”, composta por catro portas de aceiro, cada unha delas cunha apertura diferente e que representan os catro puntos cardinais, creación de Carlos Tejo. Unha circunferencia de granito con debuxos de sinxelos bonecos se localiza xunto a estrada. O seu autor é Manuel Rial Pérez e a obra non ten título. Outra de estas esculturas son unas pisadas de metal dispostas no chan e que ascenden hasta a roca. É obra de José Luis Pereira Rodríguez e se titula “Sendeiro do coñecemento compartido”.

“O Xigante” de Mario Iglesias González.

 

“Punto de partida” de Carlos Tejo.

 

Obra sen título de Manuel Rial Pérez.

 

“Sendeiro do coñecemento compartido” de José Luis Pereira Rodríguez.

Ler Máis
01 Ago
0

CASA DA AUGA

Antiga casa reitoral do século XVIII, relacionada coa orde dos templarios, con solaina e patio interior, rehabilitada no ano 2000 e convertida en museo etnográfico sobre os usos da agua, ubicada ao lado da Igrexa parroquial de Vide.

Ofrece aos visitantes:

– Paneis con documentos históricos sobre a Comunidade de Regantes de Vide

– Sobre outros usos da auga como os dos canais de derivación, muíños, fontes, lavadeiros, pozas, grutas, etc.

– Maquetas do funcionamento dun muíño de gran e outro de serra

– Mapa e denominación das pesqueiras do Miño na zona da Paneliña

– Proxección dun vídeo sobre lugares de interese na parroquia

– Posibilidade de organizar unha aula didáctica sobre as pesqueiras do Miño con material documental e visita guiada ás pesqueiras.

A comunidade de montes desta parroquia, ten máis de 100 anos de antigüidade e foi única en Galicia, ao ser inscrita na “Federación Nacional de Regantes de España”. Ademais emprégase unha acequia romana de más de 6 kilómetros.

Ler Máis
01 Ago
0

CIPC TABOEXA

Centro de interpretación sito na parroquia de Taboexa, no que existe unha sala permanente con paneis nos que se mostra o patrimonio cultural da parroquia. Ten como función promover un ambiente para a aprendizaxe creativa, dando a coñecer ás xeracións presentes o significado dun legado cultural e histórico, construido polos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da zona.

Está orientado a cubrir catro funcións básicas: investigación, conservación, divulgación e posta en valor do entorno. Conta con unha exposición permanente sobre os bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: castros, petroglifos, igrexa, capelas, cruceiros, petos de ánimas, muíños de auga…


Os servizos que oferta o centro son:

– Explicación da exposición permanente

– Visita guiada no centro de interpretación

– Proxeccións audiovisuais, cunha duración aproximada de 20 minutos

– Rutas guiadas ao aire libre

– Salón de usos múltiples

– Biblioteca

– Sala de ordenadores con acceso a Internet

– Sala de ocio e cafetería

Horario:

Martes y sábados de 9:30 a 14:00.

Mércores, xoves e venres de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00.

Ler Máis
01 Ago
0

COTO DO CRASTO

Este fermoso lugar, situado na parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, está ateigado de grandes penedos con cadanseu nome propio.

Este fermoso lugar, situado na parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, está ateigado de grandes penedos con cadanseu nome propio.

A lenda di que algunhas destas pedras falan, e mesmo agochan tesouros no seu interior. Contan que alguén tentou abrir unha, para roubar o ouro que tiña dentro, e entón a pedra falou:

Se abrides este penedo vai caer a Torre de Guillade!

Estrañado, ollou para onde a voz lle indicaba e para cando volveu mirala a pedra xa se pechara soa. A día de hoxe, dise que aínda ten cravadas as cuñas que aquel empregou.

 

Ler Máis