Blog

01 Feb
0

3 Trail Vila das Neves

O vindeiro domingo 10 de febreiro o clube Cornelios organiza o 3 Trail Vila das Neves para o que o Concello colabora na organización.

Toda a información en: https://www.facebook.com/events/211101016505184/

Noticia de prensa da presentación:

https://xornal21.com/art/26739/presentacion-do-terceiro-trail-vila-das-neves-marques-de-vizhoja?fbclid=IwAR25cLqu15pfs2s7ZhNa_v4uN9AJEB5PRaM7juRbfwQxexOYmNnHxBj_Bqc

Ler Máis
30 Xan
0

Reunións informativas e de entrega de composteiros en Rubiós e Taboexa

Nos próximos días o Concello das Neves xunto con técnicas/os do Plan Revitaliza e da Asociación Ecolóxista Adega continuará coas reunións para a posta en marcha do plan de compostaxe. A charla é formativa e nela entreganse diferentes documentos, o composteiro e tamén ferramentas.

O martes 15 e o xoves 17 de xaneiro as 18hs na escola de Rubiós e os mércores 23 e 30 de xaneiro no Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa as 18hs.

O Alcalde, Xose Manuel Rodríguez e o Concelleiro de Medio Ambiente, Oscar González participarán nas reunións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler Máis
27 Xan
0

Plantación no xardín do mirador

Plantación no xardín do mirador cos amigos do Loire Atlantique Meridionale coa presenza da delegación dos concellos de Legé,Touvois e Corcoué-sur-Logne

Ginkos biloba, lavandas…

Un convenio entre a Comunidade de Montes de Tortoreos, Asociación de Amigos do Loira e o Concello das Neves serve para adecuar o xardín do mirador
A Comunidade de Montes de Tortoreos xestiona e decide sobre a retirada ou non da madeira queimada.
A Asociación de Amigos do Loira aporta árbores e outras plantas e o proceso de construcción do novo xardín.
O Concello tritura os restos de madeira non comerciais e encargarase do mantemento de xardinería unha vez exectuados os traballos

#AsNevesémedionatural

 

Ler Máis
18 Xan
0

O Goberno local das Neves comezará nos vindeiros días as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

As obras incluirán tamén melloras da calidade ambiental como a introdución de verde e espazos de estancia, con novo mobiliario urbano e conexión coa Praza do Cruceiro.

Rodríguez Méndez incide na importancia de “garantir a comodidade e seguridade dos peóns” no conxunto dos espazos a intervir, a o interese en fomentar o uso da Praza do Cruceiro, na confluencia entre as rúas Entrecíns – Marquesa do Pazo – Álvaro Pino; mellora a calidade urbana e ambiental na contorna desta praza e a Casa da Xuventude e reducir, o impacto dos aparcamentos indebidos da rúa Entrecíns.

A obra abrangue dúas actuacións principais: por unha banda a transformación en un único sentido de circulación do tramo da rúa Marquesa do Pazo entre o cruce coa rúa Cruceiro e a rúa Álvaro Pino, e o cruce coa rúa Álvaro Cunqueiro e, doutra banda, a mellora das conexión peonís neste ámbito con novos pasos de peóns que dean continuidade e completen a rede, así como coa a conexión da Praza do Cruceiro coa beirarrúa sur do tramo de Marquesa do Pazo entre a praza e a rúa Álvaro Cunqueiro, e a ampliación de esta beirarrúa.

Para lograr estes obxectivos vaise transforman un treito de Marquesa do Pazo en sentido único –entre o cruce de marquesa do Pazo coa rúa Cruceiro e a rúa Álvaro Pino, e o cruce coa rúa Álvaro Cunqueiro-.

Así mesmo haberá un novo paso de peóns elevado na rúa Entrecíns, á altura da esquina oeste do cuarteirón da Casa da Xuventude; outro paso de peóns elevado na rúa Marquesa do Pazo, á altura da Praza do Cruceiro; do mesmo xeito farase unha ampliación do xardín existente e espazo para colectores de lixo e ampliación da praza cara o Leste, e por último, os traballos tamén acometerán a ampliación da beirarrúa de Marquesa do Pazo.

As obras, que contan cun orzamento total de 34.615,67 euros, teñen un prazo de execución de dous meses polo cal se agarda que estean rematadas antes de finais do primeiro trimestre deste ano.

Pode consultar o PROXECTO

Ler Máis
17 Xan
0

ITV móbil para ciclomotores

Ver bando

Ler Máis
14 Xan
0

As Neves comeza o ano con moito deporte

Os clubes nevenses en colaboración co Concello arrancan o ano coa organización de actividades deportivas vinculadas a natureza.

O 3 Trail Vila das Neves será o 10 de febreiro e contará coas mellores participantes do campionato galego nesta proba de grande esforzo. Está proba é organizada polo clube Cornelios.

O 24 de marzo será a BTT do Requesón que este ano trae novidades para chegar a alcanzar o 66 quilómetros de percorrido máis longo. Acd Sanomedio organiza esta competición.

Ler Máis
10 Xan
0

Anuncio apertura de prazo para presentación de instancias polos interesados en proceso selectivo para cubrir a praza de funcionario auxiliar administrativo, grupo C2

Publicado no día de hoxe anuncio no BOE, ábrese o prazo para presentación de instancias polos interesados en formar parte do proceso selectivo dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, que estará comprendido entres os días 11 e 30 de xaneiro de 2019, ámbolos dous inclusive.

Consultar anuncio BOE premendo aquí

Consultar bases premendo aquí

Solicitude aquí

    Ler Máis
    09 Xan
    0

    Cinema de Inverno

    O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, volve, de novo, os sentidos ao sétimo arte e inicia unha nova tempada do ciclo ‘Cinema de Inverno’, que terá como ‘sa de proxección’, o Auditorio Municipal

    A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 6 e media da tarde, da man das curtas infantís de OQO Editora, ‘Os sete cabritos’, ‘A pota que trota e ‘Fiz, o coleccionista de medos’.

    Tamén outro domingo, este será o 17 de febreiro, e á mesma hora no mesmo lugar, proxectarase ‘Dhogs’, a primeira longametraxe dirixida por Andrés Goteira e producida por Suso López.

    O sábado 9 de marzo, ás 8 da tarde, e tamén no Auditorio, as luces vanse apagar para darlle paso a ‘Tódalas mulleres que coñezo’, unha longametraxe de Xina do Teixeiro, da produtora Walkie Talkie Films.

    Ler Máis
    04 Xan
    2

    Enquisa sobre a Ordenanza municipal de prevención de incendios forestais

     

    (máis…)

    Ler Máis
    02 Xan
    0

    Avanza o Plan Revitaliza coa construcción dos Centros de Compostaxe Comunitaria

    O Plan Revitaliza impulsado polo Goberno Local das Neves, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, segue adiante co seu obxectivo: que ao longo deste ano 2019 sexa posíbel compostar tódolos residuos orgánicos que se producen no concello.

    Os primeiros pasos déronse co inicio da distribución de 1.300 composteiros individuais aos que, agora, súmanse a construción de 5 Centros de Compostaxe Comunitaria que estarán situados en cinco lugares achegados á veciñanza que residen en pisos, que non teñen horta ou preto de grandes produtores de refugallos orgánicos coma restaurantes ou o comedor do colexio.

    As obras comezaron no Nadal para a colocación dun centro de compostaxe no colexio “coa finalidade de minimizar incomodidades e continuar na zona máis urbana pasadas as festas”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Óscar González, quen subliña que todo está programado para causar o menor impacto ou molestia á veciñanza, o comercio e a comunidade escolar.

    O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, lembra que ademais xa van entregados case 600 composteiros no resto das vivendas e “xa se comeza a notar moito a redución de lixo nos contedores verdes”.

    Rodríguez sinala que veciñas e veciños coméntanlle “sorprendidos” que “antes de ter o composteiro ían ao contedor verde unhas catro veces a semana e agora levan unha bolsa a semana e non vai chea”.

    Charlas en tódalas parroquias

    En total, o Goberno local ten previsto realizar preto de 30 charlas en todo o concello para explicar aos veciños, de xeito personalizado, as vantaxes e o funcionamento dos composteiros. Logo, haberá un seguimento de cada un destes composteiros, unha vez colocados nas casas, por parte do persoal especializado da Asociación Ecoloxista Adega.

    Cumprir coa normativa europea en 2020

    O Concello das Neves quere ser un dos primeiros do continente en cumprir a normativa aprobada polo Parlamento Europeo: que os concellos dos Estados membros da Unión Europea reciclen o 50 por cento dos seus residuos antes do ano 2020. Este obxectivo será a ‘ponte’ que conducirá ata outro moito máis importante: lograr a reciclaxe do 65 por cen de todos refugallos urbanos no 2035.

    Transformación en fertilizante natural

    Os residuos urbanos, coa xestión anterior, cando entran en descomposición, forman líquidos que poden contaminar o subsolo e os acuíferos, ademais de producir cheiros e metano, un gas de efecto invernadoiro e con gran impacto no cambio climático.

    Por medio da súa reciclaxe evítanse estes problemas e, ao mesmo tempo, estes refugallos orgánicos transfórmanse en recursos: xa que se pode obter deles por medio da compostaxe un fertilizante natural para árbores e plantas.

    Ler Máis