Área recreativa emprazada na ladeira do monte de Sandomedio, no lugar de O Pousadouro, nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está constituída por castiñeiros, con sotobosque de variadas especies.

É unha área de recente construcción e constitúe un lugar de parada e repouso no Camiño dos Frades, así como un emprazamento habitual de descanso para aqueles que practican, por exemplo, sendeirismo ou os que participan na romaría de Sandomedio.