Patrimonio Arqueolóxico Qué ver Visita As Neves
Xacemento Portomaior, EP-4203, Liñares, As Neves, Pontevedra, Galicia, 36440, España Map

Un dos maiores descubrimentos da arqueoloxía dos últimos cincuenta anos, en Galicia.

Portomaior, en As Neves caracterízase por ser o xacemento de maior antigüidade da nosa comunidade. Con máis de 300.000 anos, os achados deste depósito de Portomaior fálannos de diferentes niveis de ocupación durante a era paleolítica. Vestixios únicos da técnica achelense que se manifestan na aparición de machados bifaces, picos de triedo e coitelas realizadas en cuarzo e cuarcita. Cuxa particularidade non só radica na gran cantidade de pezas atopadas (estímanse que arredor dunhas 4.000) senón tamén na gran envergadura das mesmas, a maiores de Europa. Singularidades que chaman a atención dos arqueólogos que ven similitudes entre este xacemento e outros contemporáneos do continente africano.

Tras varias escavacións preventivas as pezas están depositadas no Museo de Pontevedra e o xacemento non se pode visitar posto que aínda se atopa en fase de estudo.