Sita na parroquia de Setados, é un recuncho para sentarse, respirar e tomar folgos ao carón do Sendeiro dos Pescadores.

A confluencia do río Termes co Miño creou un ecosistema de gran valor ecolóxico, incluído dentro da Rede Natura 2000, no que habita unha especie de tartarugas pouco común, o sapoconcho riscado ou sapoconcho leproso. Esta é unha tartaruga de auga doce, autóctona da Península Ibérica e moi escasa na nosa comunidade. A súa conservación enfrontase a graves problemas pola degradación dos hábitats, da súa captura como mascota e da competencia polo alimento con outras especies introducidas polo ser humano. Esta tartaruga é unha especie carnívora que se alimenta basicamente doutros animais como tritóns, ras, caracois, vermes e pequenos peixes.

Ademais, existen diferentes lendas asociadas a este lugar…

Non habendo campás na igrexa de Setados, os veciños da parroquia reuníronse e foron a roubar unhas a Portugal pero cando volvían, os bois que as transportaban asustáronse e guindaron as campás ao fondo da lagoa, onde aínda resoan cada 24 de xuño, delatando a quen as roubou”